Friday 17 de May de 2024

A Festa-Homenaxe aos nosos maiores celebrarase o sábado 13 de amio


As entradas, a prezo de 10 euros, estarán á venda do 2 ao 9 de maio.

O Concello volve organizar unha nova edición da Festa Homenaxe aos nosos maiores, recuperando así un evento clásico da programación en torno ao Día das Letras Galegas tras catro anos sen poder levalo a cabo por causa da pandemia do coronavirus.

A festa celebrarase o sábado 13 de maio no pavillón do IES Agra de Leborís. A apertura de portas será ás 13:00 h. Ás 13:30 h oficiarase unha misa. A continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

Para poder participar no evento é preciso adquirir as entradas, que estarán á venda ao prezo de 10 euros no edificio administrativo da Laracha desde o martes da próxima semana ata o día 9 de maio. Son requisitos imprescindibles para poder mercalas estar empadroado no termo municipal da Laracha e ter máis de 55 anos ou ser pensionista ou xubilado.

O Concello organiza cada ano este evento co propósito de facer un homenaxe ás persoas dese grupo de idade, ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre ese colectivo.